domingo, 8 de julio de 2018

Exposición final

Boas de novo!

Xa a piques de rematar esta aventura, mañá será o día en que faga a presentación do meu proxecto. Fareino mediante a ferramente de google slides (presentacións) que nunca usara e que recomendo pola súa facilidade e parecido ao power point. Espero que vos resulte útil e visualmente atractiva.

Podedes acceder a ela pinchando aquí.

M.

Informe do proxecto

Boas!

Aquí vos deixo o informe de prácticas deste proxecto, que inclúe, ademáis dunha descrición máis detallada dalgunhas das actividades, os obxectivos curriculares, o contexto, a quen vai dirixido o proxecto e unha pequena fundamentación teórica. 

Espero que vos resulte interesante. Para acceder, pinchade na foto da portada. 

Volvo pronto, desta vez coa exposición do proxecto!

M. 

sábado, 7 de julio de 2018

Proxecto final

Boas!

Aquí ven unha das entradas máis importantes, onde ides ver o resultado final do proxecto. Decidín facer unha web de recursos onde introducir todas as actividades feitas e todo o traballo realizado durante o curso. Penso que a nivel estético podería ser mellorado pero pouco a pouco!
Foi creada mediante wix dunha forma moi sinxela e nega podemos encontrar as actividades segundo "emocións xerais", "positividade" e "negatividade", ademáis dunha pestana a maiores con sitios interesantes, onde introducín os recursos que busquei nas primeiras sesións, o código qr e a nube de tags. Podedes acceder ao proxecto final aquí.

Espero que vos guste, foi feito con moito esmero para que poida ser útil nun futuro.

Volvo pronto co... informe de prácticas!

M.

viernes, 6 de julio de 2018

Educaplay

Sen dúbida, Educaplay é unha das ferramenta que máis me convenceu. A súa facilidade, o seu uso online e as súas ferramentas fan que sexa moi doado e creativo traballar con ela. Como puntos negativos, hai preferencias que non se poden cambiar sen ser usuario premium que fan que todas as actividades sexan moi parecidas a simple vista.

No caso de educaplay fixen tres actividades, unha xa explicada na entrada de recursos audiovisuais. A ferramenta permite crear moitos tipos de actividades, como adivinanzas, crucigramas, presentacións, diálogos... A continuación as actividades creadas:

Diálogo: Trátase dunha conversa entre un neno e una nena que reflicte unha relación de amizade, apoio e axuda. Está pensada para traballar tipos de conversacións co alumnado, visualización e análise da conversa, pensar en outras conversas parecidas e diferentes tipos de continuación da conversa. Podedes realizar a actividade no blog ou ir á páxina facendo clic aquí.


Entrevista

Mapa interactivo: trátase dun xogo de identificar as imaxes (facendo clic nela no recadro) segundo as emocións que van aparecendo. Esta actividade paréceme útil para a identificación das emocións nas persoas. Para facela,descarguei as imaxes do banco de imaxes e son. Pódese facer no blog ou ben ir á páxina do recurso pinchando aquí. 


Identifica emociones

Penso que estas actividades son máis interactivas e que dan lugar a pensar mentras se xoga. Polo momento, estes serán os últimos recursos que colgo no blog. Pero esta aventura aínda non rematou, volvo pronto co proxecto unificado:)

M. 

Edilin

O sistema Lin é un entorno para a creación de material educativo. Pódense facer, por exemplo, sopas de letras, puzles, exercicios de parellas... Eu decidín crear dúas actividades.
A primeira delas trátase dun exercicio de emparellar. O obxectivo é coñecer diferentes tipos de tristeza, xa que moitas veces dicimos "estou triste" e non estamos dando toda a información que deberíamos. Para acceder ao recurso, pinchar na imaxe.



A seguinte actividade é máis sinxela, trátase de clasificar as emocións que aparecen en positivas ou negativas. Para as persoas adultas é moi fácil pero por experiencia, as crianzas de oito anos non saben qué é o remordemento o alivio, este tipo de actividades impulsaráos a aprender novas emocións e a darse de conta de cando as sinten. Para acceder ao recurso, pinchar na imaxe.


Espero que estas actividades vos fixeran pensar un pouquiño e que cada día que leades o blog sexades máis intelixentes emocionalmente. Todo poder ser!

Volvo pronto con máis recursos :)

M. 

Hotpotatoes


HotPotatoes

Trátase dun programa para crear actividades de forma gratuita, que debe ser instalado no ordenador para o seu uso. Pódense facer exercicios de encher ocos ou de relacionar, cuestionarios e de creación de palabras. No meu caso, utilicei varias:
Encher ocos. Pareceume moi útil o feito de que se poida poñer o teu propio enunciado e dar pistas de diferentes formas. Ademáis, é moi intuitivo de usar. Neste caso, a actividade está formulada para que o alumnado aprenda diferentes emocións desagradables ou negativas.
Para acceder ao recurso, é necesario pinchar na imaxe, que nos levará a drive, e descargar a actividade, unha vez aberta, podedes realizar a actividade, pedir pistas e obter un resultado.


Cuestionario. Neste caso, fixen un cuestionario moi sinxelo para aprender catro emocións positivas  que normalmente se confuden. De novo, para acceder ao recurso, é necesario pinchar na imaxe, que nos levará a drive, e descargar a actividade.


Crucigrama. Xa por último, fixen esta actividade, interesante para coñecer as emocións que nos fan sentir outras persoas. Porque non todo vai ser "ben" ou "mal". De novo, para acceder ao recurso, é necesario pinchar na imaxe, que nos levará a drive, e descargar a actividade.



Espero que estas actividades foran do voso agrado. Despídome de momento, volverei con máis actividades de outras ferramentas :)

M. 

Kubbo

Das ferramentas que utilicei, pode que sexa a máis sinxela, sobre todo á hora de compartila. Trátase dun softawe para crear e almacenar exercicios online. Pódese crear a conta do docente, de alumnos/as individuais e de grupos. Hai diferentes tipos de actividades: unir, clasificar, cuestionarios e crucigramas. Eu decidín deseñar unha actividade para clasificar oracións que un neno/a di habitualmente en catro das emocións básicas: alegría, tristeza, ira e medo. Esta é unha das primeiras actividades que se farían, xa que se trata de emocións sinxelas, é dicir, para afianzar coñecementos e avaliar os previos do alumnado. 

Para acceder ao recurso, é necesario pinchar na imaxe:



Espero que sacarades moi boa puntuación xa que esta é das máis sinxelas!

Lémonos pronto!

M. 

Creación de actividades interactivas

Boas!

Tras a caza do tesouro e as actividades audiovisuais, tocoulle o turno a probar coa creación de actividades interactivas con diferentes ferramentas. As que eu utilicei foron Edilim, Hot Potatoes, EducaPlay e Kubbu. De forma xeral, creo que todas son sinxelas de usar, aínda que non tanto de compartir coa rede.

É necesario mencionar que estas actividades teñen un sentido, están englobadas dentro dun proxecto máis grande, que verá a súa luz dentro dunhas cantas entradas. Para que o vaiades comprendendo, o fin destas actividades será formar parte dunha web de recursos que se utilizará nas aulas de 3º de primaria para afianzar conceptos de intelixencia emocional básicos e para coñecer e mellorar a xestión de emocións máis complexas.

Nas próximas entradas explicarei cada unha das ferramentas utilizadas e veredes as actividades creadas con elas. Espero que vos gusten e que aprendades moito con elas.

M.

sábado, 23 de junio de 2018

Caza do tesouro

Boas!

Hoxe veño cun recurso novidoso  moi motivador a nivel didáctico. Trátase dunha caza do tesouro, feita con Google Sites, onde os rapaces e as rapazas terán que respostar a unha gran cuestión coa axuda de cuestións máis curtas e de recursos dados poladocente.

Nesta actividade imos traballar a emoción do enfado e aprendela a relacionala con outras. Espero que vos sexa útil.

Para acceder á caza do tesouro, pinchar na imaxe:


Volvo pronto con máis recursos útiles para o alumnado :)

M. 

domingo, 17 de junio de 2018

Recursos audiovisuais

Boas de novo!

Hoxe vouvos ensinar dous recursos audiovisuais coa temática que estamos a traballar.

O primeiro deles é un videoquiz, feito coa ferramenta Educaplay. Teño que comentar que é unha ferramenta de uso moi sinxela e intuitiva. Pódense facer preguntas por diferentes tipos de respostas e dividir o vídeo en secuencias. Pareceume unha ferramenta moi útil.


Emociónate

A segunda actividade trátase dun cómic feito coa ferramenta Pixton. Trátase tamén dunha ferramenta sinxela que nesta temática é moi útil xa que ten moitas expresións faciais e corporais relacioanadas coas emocións. O cómic feito sería unha ferramenta moi útil para traballar as emocións que sinte o alumnado cando ten quemudarse ou cando chegan novas rapazas e rapaces ao colexio.
Para visualizar o cómic, deslizade cara a dereita a barra horizontal ou pinchade aquí. 


Espero que vos resultasen interesantes. Volvo pronto con mais cousiñas!

M.

Actividades audiovisuais

Boas de novo!

Despois dun breve parón, o blog sobre a intelixencia emocional volve á carga con moitas novidades. 
Comezaremos polas actividades audiovisuais, necesarias e de gran importancia na educación de hoxe en día. 
Como actividades suxeridas pola materia de novas tecnoloxías, as máis recoñecidas son os videoquiz, os comics, stopmotion, videotutoriais...

Un que sempre me chamou a atención é o stop motion, que se tratadunha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas. Navegando, atopei un vídeo con esta técnica, coa mesma temática que a deste blog. 

Tamén me parecen moi interesantes os videotutoriais, ainda que creo que non son a ferramenta máis activa de coñecemento. Trátase de sistemas de autoaprendizaxe onde se explica unha temática determinada. En relación a isto,tamén atopei un videotutorial acerca das emocións básicas, válido para nenas e nenos de primaria. 

Espero que vos gustaran, na seguinte publicación publicarei os recursos feitos por min :)

Ata logo!

M.

domingo, 8 de abril de 2018

Póster de recursos

Boas tardes! 
De novo por aquí, hoxe para mostrar un póster cos recursos dixitais que presentamos fai tempo. Este póster é un padlet co que se pode acceder aos diferentes recursos e que ademais conta cunha nube de tags e cun código QR de acceso ao blog. 

Espero que vos guste, en breves máis contidos!

M. 

miércoles, 14 de marzo de 2018

Recursos TIC

Nesta entrada vou ensinar tres recursos TIC relacionados coa Intelixencia Emocional. Para chegar a eles, realicei unha búsqueda nas webs propostas polo profesorado da materia. É interesante mencionar que nestas webs a maioría de recursos están clasificados por materias, o que complicou a miña búsqueda por non ser unha temática vencellada a una materia en concreto. Aínda así, escollín os recursos TIC que mostro a continuación: 


O primeiro trátase dun recurso que fomenta unha nova e innovadora forma de traballar a competencia emocional. "El bosquede Lem" é un proxecto que inclúe unha progresión de aprendizaxe que favorece que as nenas e nenos desenvolvan unha competencia emocional e adquiran unha capacidade de afrontar mellor os retos que se atoparán ao longo da vida. Trátase dun recurso de pago, que conta con diferentes sesións para cada curso de Educación Infantil e Primaria. En xeral, seguen o seguiente esquema: situación exemplo (con vídeo, viñeta, imaxes) – valor/emoción – dinámica para traballar a emoción (xogo, role-playing, debuxo) – debate – avaliación da sesión. Ademáis, a aplicación conta cunha guía didáctica de cada sesión, onde aparece unha ficha técnica moi completa de cada actividade.



O segundo escollido trátase dun recurso educativo interactivo que consiste en dous xogos nos que o alumnado traballará con imaxes de situacións cotiás que son comúns a todas as culturas do mundo. A partir delas, poderanse extraer as emocións que suxiren e, así, reflexionar sobre como estas son transversais a toda a humanidade.  Está dentro da plataforma EduCaixa, da obra social La Caixa, que ten o obxectivo de axudar aos docentes en diferentes materias. 






Por último, presentar a secuencia didáctica "Habilidades sociais", dentro do espazo Abalar. Ésta, pretende que o alumno recoñeza o importante que son as habilidades sociais, tanto nas súas relacións cotiás coma no mundo global no que vivimos e a todos os niveis (no traballo, coa familia, cos amigos, nas relacións de sentimentais…). Trabállanse as habilidades sociais básicas, como son: iniciar e manter unha conversa, pedir axuda, expresar afecto ou recoñecemento ao valor doutro e desculparse. 


Creo que estes recursos TIC son interesantes e moi últiles para a nosa práctica docente, espero que vos fosen do voso agrado.


Ata a próxima!

M.