Boas!
Xa que todo bo proxecto comeza cunha boa presentación, imos con ela!
Son Miriam Penido, alumna da materia de Novas Tecnoloxías do Grao de Educación Primaria da Universidade de Vigo. Ademais, son psicóloga e teño a sorte de traballar na actualidade con rapaces e rapazas de 3 a 13 anos.
Dada a miña formación e a meu traballo coa infancia dende fai catro anos, cada vez quero ir especializándome nos temas que máis me interesan e que vexo de gran importancia para as cativas e os cativos. Por isto a escolla desta temática, a intelixencia emocional.
Na miña práctica vexo como hai rapaces e rapazas que non saben identificar emocións, que se confunden ao interacturar con outros iguais, que non saben explicar o que lles sucede... Todo isto pódese traballar con múltiples xogos e ferramentas "analóxicas", que son as que eu coñezo, pero á hora de facelo coas TIC, recoñezo non ter os recursos para elo.
Deste descoñecemento nace este blog, que espero que me faga descubrir novos recursos que algún día poder utilizar cos pequenos e pequenas. As expectativas son altas xa que supoño que a rede estará repleta de contidos interesantes que poder usar nunha web de recursos educativos. Pero tamén é necesario recoñecer que ao ser algo descoñecido para min, os medos tamén aparecen, como ao inicio de moitos proxectos.
Con isto, espero poder aprender o máximo posible e desfrutar dunha experiencia tan nova para min.
Despídome ata a próxima entrada. Saúdos!
M.