O primeiro trátase dun recurso que
fomenta unha nova e innovadora forma de traballar a competencia emocional. "El bosquede Lem" é un proxecto que inclúe unha progresión de aprendizaxe que favorece que as nenas e
nenos desenvolvan unha competencia emocional e adquiran unha capacidade de afrontar
mellor os retos que se atoparán ao longo da vida. Trátase dun recurso de pago, que conta con diferentes sesións para cada curso de Educación Infantil e Primaria. En xeral, seguen o seguiente esquema: situación exemplo
(con vídeo, viñeta, imaxes) – valor/emoción – dinámica para traballar a emoción
(xogo, role-playing, debuxo) – debate – avaliación da sesión. Ademáis, a
aplicación conta cunha guía didáctica de cada sesión, onde aparece unha ficha
técnica moi completa de cada actividade.
Por último, presentar a secuencia didáctica "Habilidades sociais", dentro do espazo Abalar. Ésta, pretende
que o alumno recoñeza o importante que son as habilidades sociais, tanto nas
súas relacións cotiás coma no mundo global no que vivimos e a todos os niveis
(no traballo, coa familia, cos amigos, nas relacións de sentimentais…). Trabállanse as habilidades sociais básicas, como son: iniciar e manter unha conversa, pedir axuda,
expresar afecto ou recoñecemento ao valor doutro e desculparse.