sábado, 23 de junio de 2018

Caza do tesouro

Boas!

Hoxe veño cun recurso novidoso  moi motivador a nivel didáctico. Trátase dunha caza do tesouro, feita con Google Sites, onde os rapaces e as rapazas terán que respostar a unha gran cuestión coa axuda de cuestións máis curtas e de recursos dados poladocente.

Nesta actividade imos traballar a emoción do enfado e aprendela a relacionala con outras. Espero que vos sexa útil.

Para acceder á caza do tesouro, pinchar na imaxe:


Volvo pronto con máis recursos útiles para o alumnado :)

M. 

domingo, 17 de junio de 2018

Recursos audiovisuais

Boas de novo!

Hoxe vouvos ensinar dous recursos audiovisuais coa temática que estamos a traballar.

O primeiro deles é un videoquiz, feito coa ferramenta Educaplay. Teño que comentar que é unha ferramenta de uso moi sinxela e intuitiva. Pódense facer preguntas por diferentes tipos de respostas e dividir o vídeo en secuencias. Pareceume unha ferramenta moi útil.


Emociónate

A segunda actividade trátase dun cómic feito coa ferramenta Pixton. Trátase tamén dunha ferramenta sinxela que nesta temática é moi útil xa que ten moitas expresións faciais e corporais relacioanadas coas emocións. O cómic feito sería unha ferramenta moi útil para traballar as emocións que sinte o alumnado cando ten quemudarse ou cando chegan novas rapazas e rapaces ao colexio.
Para visualizar o cómic, deslizade cara a dereita a barra horizontal ou pinchade aquí. 


Espero que vos resultasen interesantes. Volvo pronto con mais cousiñas!

M.

Actividades audiovisuais

Boas de novo!

Despois dun breve parón, o blog sobre a intelixencia emocional volve á carga con moitas novidades. 
Comezaremos polas actividades audiovisuais, necesarias e de gran importancia na educación de hoxe en día. 
Como actividades suxeridas pola materia de novas tecnoloxías, as máis recoñecidas son os videoquiz, os comics, stopmotion, videotutoriais...

Un que sempre me chamou a atención é o stop motion, que se tratadunha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas. Navegando, atopei un vídeo con esta técnica, coa mesma temática que a deste blog. 

Tamén me parecen moi interesantes os videotutoriais, ainda que creo que non son a ferramenta máis activa de coñecemento. Trátase de sistemas de autoaprendizaxe onde se explica unha temática determinada. En relación a isto,tamén atopei un videotutorial acerca das emocións básicas, válido para nenas e nenos de primaria. 

Espero que vos gustaran, na seguinte publicación publicarei os recursos feitos por min :)

Ata logo!

M.