Boas de novo!
Xa a piques de rematar esta aventura, mañá será o día en que faga a presentación do meu proxecto. Fareino mediante a ferramente de google slides (presentacións) que nunca usara e que recomendo pola súa facilidade e parecido ao power point. Espero que vos resulte útil e visualmente atractiva.
Podedes acceder a ela pinchando aquí.
M.
Etiquetas
- Experiencias prácticas (2)
- Ferramentas TIC (6)
- Recursos para a aula (6)
- Reflexións teóricas (1)
domingo, 8 de julio de 2018
Informe do proxecto
Boas!
Aquí vos deixo o informe de prácticas deste proxecto, que inclúe, ademáis dunha descrición máis detallada dalgunhas das actividades, os obxectivos curriculares, o contexto, a quen vai dirixido o proxecto e unha pequena fundamentación teórica.
Espero que vos resulte interesante. Para acceder, pinchade na foto da portada.
Volvo pronto, desta vez coa exposición do proxecto!
M.
sábado, 7 de julio de 2018
Proxecto final
Boas!
Aquí ven unha das entradas máis importantes, onde ides ver o resultado final do proxecto. Decidín facer unha web de recursos onde introducir todas as actividades feitas e todo o traballo realizado durante o curso. Penso que a nivel estético podería ser mellorado pero pouco a pouco!
Foi creada mediante wix dunha forma moi sinxela e nega podemos encontrar as actividades segundo "emocións xerais", "positividade" e "negatividade", ademáis dunha pestana a maiores con sitios interesantes, onde introducín os recursos que busquei nas primeiras sesións, o código qr e a nube de tags. Podedes acceder ao proxecto final aquí.
Espero que vos guste, foi feito con moito esmero para que poida ser útil nun futuro.
Volvo pronto co... informe de prácticas!
M.
viernes, 6 de julio de 2018
Educaplay
Sen dúbida, Educaplay é unha das ferramenta que máis me convenceu. A súa facilidade, o seu uso online e as súas ferramentas fan que sexa moi doado e creativo traballar con ela. Como puntos negativos, hai preferencias que non se poden cambiar sen ser usuario premium que fan que todas as actividades sexan moi parecidas a simple vista.
No caso de educaplay fixen tres actividades, unha xa explicada na entrada de recursos audiovisuais. A ferramenta permite crear moitos tipos de actividades, como adivinanzas, crucigramas, presentacións, diálogos... A continuación as actividades creadas:
Diálogo: Trátase dunha conversa entre un neno e una nena que reflicte unha relación de amizade, apoio e axuda. Está pensada para traballar tipos de conversacións co alumnado, visualización e análise da conversa, pensar en outras conversas parecidas e diferentes tipos de continuación da conversa. Podedes realizar a actividade no blog ou ir á páxina facendo clic aquí.
Mapa interactivo: trátase dun xogo de identificar as imaxes (facendo clic nela no recadro) segundo as emocións que van aparecendo. Esta actividade paréceme útil para a identificación das emocións nas persoas. Para facela,descarguei as imaxes do banco de imaxes e son. Pódese facer no blog ou ben ir á páxina do recurso pinchando aquí.
Identifica emociones
Penso que estas actividades son máis interactivas e que dan lugar a pensar mentras se xoga. Polo momento, estes serán os últimos recursos que colgo no blog. Pero esta aventura aínda non rematou, volvo pronto co proxecto unificado:)
M.
Edilin
O sistema Lin é
un entorno para a creación de material educativo. Pódense facer, por exemplo,
sopas de letras, puzles, exercicios de parellas... Eu decidín crear dúas actividades.
A primeira delas trátase dun exercicio de emparellar. O obxectivo é coñecer diferentes tipos de tristeza, xa que moitas veces
dicimos "estou triste" e non estamos dando toda a información que
deberíamos. Para acceder ao recurso, pinchar na imaxe.
A seguinte actividade é máis sinxela, trátase de clasificar as emocións que aparecen en positivas ou negativas. Para as persoas adultas é moi fácil pero por experiencia, as crianzas de oito anos non saben qué é o remordemento o alivio, este tipo de actividades impulsaráos a aprender novas emocións e a darse de conta de cando as sinten. Para acceder ao recurso, pinchar na imaxe.
Espero que estas actividades vos fixeran pensar un pouquiño e que cada día que leades o blog sexades máis intelixentes emocionalmente. Todo poder ser!
Volvo pronto con máis recursos :)
M.
Hotpotatoes
HotPotatoes
Trátase dun programa para crear actividades de forma gratuita, que debe ser instalado no ordenador para o seu uso. Pódense facer exercicios de encher ocos ou de relacionar, cuestionarios e de creación de palabras. No meu caso, utilicei varias:
Encher ocos. Pareceume moi útil o feito de que se poida poñer o teu propio enunciado e dar pistas de diferentes formas. Ademáis, é moi intuitivo de usar. Neste caso, a actividade está formulada para que o alumnado aprenda diferentes emocións desagradables ou negativas.
Encher ocos. Pareceume moi útil o feito de que se poida poñer o teu propio enunciado e dar pistas de diferentes formas. Ademáis, é moi intuitivo de usar. Neste caso, a actividade está formulada para que o alumnado aprenda diferentes emocións desagradables ou negativas.
Para acceder ao recurso, é necesario pinchar na imaxe, que nos levará a drive, e descargar a actividade, unha vez aberta, podedes realizar a actividade, pedir pistas e obter un resultado.
Cuestionario. Neste caso, fixen un cuestionario moi sinxelo para aprender catro emocións positivas que normalmente se confuden. De novo, para acceder ao recurso, é necesario pinchar na imaxe, que nos levará a drive, e descargar a actividade.
Crucigrama. Xa por último, fixen esta actividade, interesante para coñecer as emocións que nos fan sentir outras persoas. Porque non todo vai ser "ben" ou "mal". De novo, para acceder ao recurso, é necesario pinchar na imaxe, que nos levará a drive, e descargar a actividade.
Espero que estas actividades foran do voso agrado. Despídome de momento, volverei con máis actividades de outras ferramentas :)
M.
Kubbo
Das ferramentas que utilicei, pode que sexa a máis sinxela, sobre todo á hora de compartila. Trátase dun softawe para crear e almacenar exercicios online. Pódese crear a conta do docente, de alumnos/as individuais e de grupos. Hai diferentes tipos de actividades: unir, clasificar, cuestionarios e crucigramas. Eu decidín deseñar unha actividade para clasificar oracións que un neno/a di habitualmente en catro das emocións básicas: alegría, tristeza, ira e medo. Esta é unha das primeiras actividades que se farían, xa que se trata de emocións sinxelas, é dicir, para afianzar coñecementos e avaliar os previos do alumnado.
Para acceder ao recurso, é necesario pinchar na imaxe:
Lémonos pronto!
M.
Creación de actividades interactivas
Boas!
Tras a caza do tesouro e as actividades audiovisuais, tocoulle o turno a probar coa creación de actividades interactivas con diferentes ferramentas. As que eu utilicei foron Edilim, Hot Potatoes, EducaPlay e Kubbu. De forma xeral, creo que todas son sinxelas de usar, aínda que non tanto de compartir coa rede.
É necesario mencionar que estas actividades teñen un sentido, están englobadas dentro dun proxecto máis grande, que verá a súa luz dentro dunhas cantas entradas. Para que o vaiades comprendendo, o fin destas actividades será formar parte dunha web de recursos que se utilizará nas aulas de 3º de primaria para afianzar conceptos de intelixencia emocional básicos e para coñecer e mellorar a xestión de emocións máis complexas.
Nas próximas entradas explicarei cada unha das ferramentas utilizadas e veredes as actividades creadas con elas. Espero que vos gusten e que aprendades moito con elas.
M.
É necesario mencionar que estas actividades teñen un sentido, están englobadas dentro dun proxecto máis grande, que verá a súa luz dentro dunhas cantas entradas. Para que o vaiades comprendendo, o fin destas actividades será formar parte dunha web de recursos que se utilizará nas aulas de 3º de primaria para afianzar conceptos de intelixencia emocional básicos e para coñecer e mellorar a xestión de emocións máis complexas.
Nas próximas entradas explicarei cada unha das ferramentas utilizadas e veredes as actividades creadas con elas. Espero que vos gusten e que aprendades moito con elas.
M.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)